GaleguizarGalicia.tv - RSS
Celebrouse o día 16 de maio un novo encontro no Pazo de Lestrobe promovido polo Foro Peinador coa finalidade de continuar coas xuntanzas periódicas con empresarios para expoñerlles os seus obxectivos e procurar novas adhesións para a galeguización da economía. ]]></description>
Presentouse ós medios de comunicación a VI ASEMBLEA  DA IRMANDADE XURÍDICA GALEGA, que se celebrará o próximo sábado, día 11 de maio ás 12:30 horas da mañá, no Centro Social de Novagaliciabanco na rúa Policarpo Sanz de Vigo.]]></description>
Seguindo na liña de promover a galeguización das festas populares, a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística de Galicia, presentou a campaña MIL FESTAS MÁIS PARA A LINGUA GALEGA na Expoverbena-Presentación de orquestas de Lugo Norte de Espectaculos que se levou a cabo no Pazo de Congresos de Lugo o día 5 de abril de 2013.]]></description>
Julio Fernández é o director xeral de FILMAX, unha produtora de cine que acadou moitísimos e reputados premios. As súas películas teñen proxección universal. Naceu en Cereixido, unha parroquia do concello de A Fonsagrada, a onde volve con frecuencia na procura do sosego e a inspiración. Reside en Catalunya que é a súa segunda patria. Desde ali dirixe o movemento de emprendedores galegos no mundo. Galicia e a galeguidade están sempre presentes na súa acción empresarial. Foi o primeiro produtor cinematográfico que versionou en lingua galega unha película. No catálogo de Filmax hainas inspiradas en Galicia e rodadas nas súas paisaxes. Fai parte do grupo de empresarios integrados no Foro E. Peinador.]]></description>
<![CDATA[A Roda, a voz dun pobo. 
Mil festas máis para a lingua galega]]>
A galeguización das nosas festas populares debe ser un obxectivo prioritario das súas comisións organizadoras. Abonda con que reparen no programa  desta nova proposta galeguizadora  para aplicar as propostas que se recollen nela. O grupo A Roda, a quen dedicamos esta nova campaña das "MIL FESTAS MÁIS PARA A LINGUA GALEGA", simboliza o exemplo musical que se identifica coa nosa cultura e lingua. As comisións de festas teñen a oportunidade de suxerirlles ás orquestras a galeguización dunha parte do seu repertorio.]]></description>
Nunha mañá soleada do mes de febreiro, na Alameda de Vigo, a Fundación Lois Peña Novo convocou un acto para homenaxear a quen fora o seu presidente honorífico, D. Francisco Fernández del Riego, co gallo do seu centenario. ]]></description>
O Fiscal Superior de Galicia e membro da Irmandade Xurídica Galega estivo en Vigo, o día 4 de febreiro, para pronunciar a conferencia "A CORRUPCIÓN SISTÉMICA". 
O salón de actos da Casa Galega da Cultura resultou insuficiente para acoller a nutrida concorrencia de público asistente dado o interese que suscitou o tema a tratar. 
Coa descuberta dunha placa que recorda o domicilio de don Ramón Obella Vidal, médico e fundador dos Laboratorios Zeltia, na rúa Alfonso XIII de Vigo, principiamos os actos da II Asemblea da IRMANDADE DA SANIDADE GALEGA que tivo lugar no Centro Social de Novagalicia banco.]]></description>
A campaña publicitaria do Foro E. Peinador e Irmandade Galega de Adegueiros para estimular o fomento do consumo responsable e solidario tivo o respaldo do programa,"Revista da tarde" da TVG.]]></description>
Naceu don Paco del Riego un día 7 de xaneiro  na Vila de Vilanova de Lourenzá, na provincia de Lugo, feito do que se sentíu sempre orgulloso. 
Na súa dilatada vida desenvolveu unha intensa actividade política e cultural. ]]></description>
No sector lácteo galego, LARSA, é unha das empresas que identifica a súa marca co uso da nosa lingua podéndoa observar na sinaléctica da fábrica, na rotulación dos envases e tamén no texto regulador das relacións laborais.  Foi a primeira empresa que incorporou os dereitos lingüísticos dos traballadores e traballadoras e consumidores e consumidoras no articulado do convenio colectivo nos primeiros anos da década dos noventa, sendo por ese motivo, unha meritoria excepción en Galicia.
Francisco Javier Cordero, xefe da fábrica de Outeiro de Rei explícanos na entrevista que mantivemos con el as razóns que os levaron a inicarse na galeguidade empresarial.
A sede da Asociación de Hostelería de Compostela foi outro espazo escollido polo Foro Enrique Peinador, para presentar a campaña CONSUMOGUSTOS, etiquetados en galego. ]]></description>
A V Asemblea Xeral da Irmandade Xurídica Galega levouse a cabo no Paraninfo da Universidade da cidade da Coruña.  Asistíu ó acto numeroso público que acompañou ós novos irmandiños e irmandiñas así como á familia do xurista homenaxeado, D. Ramón Carballal Pernas e os irmandiños de honra D. Antonio Platas Tasende, Decano do Colexio de Avogados da Coruña e D. Xosé Luís Franco Grande, escritor e xurista.]]></description>
A Casa da Cultura Galega en Vigo foi o escenario escollido para a presentación da campaña “Consumogustos, etiquetados en galego” que vén levando a cabo o Foro  Peinador para promover o consumo de produtos galegos etiquetados na nosa lingua.]]></description>
Presentamos un microdocumental sobre o profesor Alonso Montero, intelectual de acentuado compromiso social, investigador e ensaista de prolífica obra, que vén de cumprir 84 anos. Un percorrido biográfico que nos achega ao personaxe, a súa obra e feitos históricos protagonizados por el.]]></description>
Celebrouse en Ribadavia o acto institucional de nomeamento de fillo predilecto do concello a Don Xesús Alonso Montero con gran asistencia de público e autoridades que quixeron participar desa merecida homenaxe. Foron moitas as adhesións recibidas por parte de institucións e entidades culturais que quixeron adherirse á homenaxe. ]]></description>
É importante o compromiso individual que cada un faga da defensa da nosa identidade, e que tal fidelidade aos nosos valores culturais llelos transmitamos á familia e herdeiros. Este modelo de pedagoxía galeguista é o que promove a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística de Galicia coa iniciativa "En galego,agora e sempre". Hai ben anos que se vén realizando en moitas parroquias galegas. Recentemente foi na Entidade Local de Morgadáns, no concello de Gondomar (Pontevedra). Trinta e cinco persoas asinaron a Acta de Vontade, na que se inclúen desexos expresos de vivir e morrer en galego.
Se a economía non se galeguiza, a lingua galega perde un espazo social importante para a súa pervivencia. O Foro E. Peinador está a levar a cabo diversas accións encamiñadas a facer do noso idioma unha lingua de uso normal nas actividades empresariais e económicas.
Con esta finalidade celebrouse en Ourense, en colaboración coa Deputación Provincial, un encontro no que participaron directivos de coñecidas empresas  punteiras en cadanseu sector.
Nunha tarde sollosa de finais de xuño o castelo de Soutomaior foi escenario da entrega dos Premios Lois Peña Novo. 18 anos felicitando o uso da lingua galega no eido das administracións públicas e do traballo individual e colectivo a prol da mesma. ]]></description>
Crear cultura empresarial en harmonia coa cultura galega. 
O Foro E. Peinador dinamiza o discurso do galeguismo empresarial nun novo encontro celebrado no Pazo de Lestrobe.]]></description>
Nos primeiros días do mes de xullo constituíuse na comarca vitícola do Ribeiro, na sede do futuro museo do viño de Galicia,  a Irmandade Galega de Adegueiros.]]></description>
Este é o caso da Irmandade Galega de Adegueiros. O nacemento desta nova organización promoverá unha alianza estratéxica con outros sectores agroalimentarios para afrontar a galeguización do sector.]]></description>
Este anuncio intenta promover  o consumo responsable. Preferir  produtos galegos etiquetados na nosa lingua é unha maneira de sermos galegos galeguizados. Elixir establecementos que se identifican coa nosa identidade é unha boa maneira de pedir que se respecte a nosa lingua nas relacións cos clientes.  Non sexamos consumidores pasivos e promovamos a galeguización comercial. Respondamos ás propostas que nos fagan en calquera establecemento cun prego rotundo e amable á vez: “Etiquetados en galego, por favor”.
Cómpre que todos, como consumidores e empresarios,  nos impliquemos nesta tarefa.
Vivamos como galegos galeguizados. Pedimos ás organizacións sociais do País que se sumen a esta campaña do Foro E. Peinador (Irmandade Galega de Adegueiros),  divulgando nas redes sociais este promocional. 
A galeguización de Galicia é posible. Se queremos...podemos.]]></description>
Un ano máis, no histórico territorio situado na raia seca, compartido polos concellos galegos de Calvos de Randín e Baltar, levouse a cabo o acto de nomeamento dos Xuices Honorarios que desde hai anos ven organizando a Asociación de Amigos do Couto Mixto. ]]></description>
Co obxecto de dar difusión aos obxectivos das MIL FESTAS MÁIS PARA A LINGUA GALEGA, presentouse a campaña no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo diante de máis de tres mil persoas, onde se atopaban representantes de máis de oitocentas comisións de festas, concelleiros de cultura, promotores artísticos e público en xeral, que acudiron para coñecer as novidades presentadas pola empresa LUGONORTE de Espectáculos. 
A Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística de Galicia e a Secretaría Xeral de Política Lingüística inciden deste xeito, unha vez máis,  nos axentes promotores das festas populares explicándolles o alcance da campaña  e invitándoos a se sumaren á  mesma.