Buscar Vídeo:

  	
III Asemblea IXUGA Data: 03/07/2010
Vistas: 100
Avaliación: 5.00
III Asemblea IXUGA

II Asemblea IXUGA Data: 20/06/2009
Vistas: 54
Avaliación: 5.00
II Asemblea IXUGA
Acto nomeamento novos membros da IXUGA.
Xuntanza padroado IXUGA Data: 05/05/2011
Vistas: 203
Avaliación: 5.00
Xuntanza padroado IXUGA

Acto de inauguración do monumento a Don Fermín Bouza Brey Data: 29/06/2011
Vistas: 969
Avaliación: 3.50
Acto de inauguración do monumento a Don Fermín Bouza Brey
O día 29 de xuño de 2011, na Praza Bouza Brey da cidade de Pontevedra, a Irmandade Xurídica Galega erixíu un monumento ao insigne maxistrado D. Fermín Bouza Brey. D. Xosé Luís Franco Grande, académico da R.A.G. e amigo do homenaxeado, foi o encargado de louvar a súa figura nun discurso cheo de emoción e recordos. D. Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra, estivo presente no acto e dirixíuse ao público asistente, entre o que se encontraban os fillos do homenaxeado, louvando a figura do insigne polígrafo e xuíz. Tamén D. Anxo Lorenzo, Secretario Xeral de Política Lingüística, deixou constancia a través da súa palabra do moito que Galicia lle debe á figura e obra de D. Fermín Bouza Brey. D. Xoaquín Monteagudo, Presidente da Irmandade Xurídica Galega agradeceu a colaboración de todos os que asumiron a proposta da Irmandade e fixeron posible que o monumento sexa xa unha realidade. Dª. Isabel Bouza Alvarez, filla de D. Fermín Bouza Brey, agradeceu en nome da familia o recordo e os actos que a Irmandade Xurídica Galega leva a cabo na honra do seu pai.
IV Asemblea I.X.U.G.A. Data: 02/07/2011
Vistas: 462
Avaliación: 5.00
IV Asemblea I.X.U.G.A.

IV Asemblea da I.X.U.G.A. Data: 02/07/2011
Vistas: 593
Avaliación: 5.00
IV Asemblea da I.X.U.G.A.
Nun solemne acto, celebrado no salón de Plenos da Deputación Provincial de Pontevedra o día 2 de xullo de 2011, levouse a cabo a IV Asemblea da Irmandande Xurídica Galega, no que 22 persoas, entre as que se encontran maxistrados, xuices, fiscais, avogados, procuradores, secretarios xudiciais e persoal administrativo da administración de Xustiza, entraron a formar parte dunha entidade que vén, desde hai anos, defendendo e incentivando o uso do idioma galego entre os profesionais do Dereito no exercicio das súas actividades profesionais.
NA ESTRADA, POLO DEREITO Data: 13/09/2011
Vistas: 631
Avaliación: 5.00
NA ESTRADA, POLO DEREITO
No Concello da Estrada levarase a cabo o día 24 de setembro unha xornada sobre a galeguización do Dereito promovida pola Irmandade Xurídica Galega e o Concello. Foron invitados a participar no encontro todos os operadores xurídicos do partido xudicial, do que tamén forman parte os concellos de Forcarei e Cerdedo. A utilización da lingua galega nos procedementos xudiciais perante todos os órganos xurisdicionais, e a solicitude expresa para que estes dicten resolución na nosa lingua, segundo o disposto na Lei de Normalización Lingüística, son os obxectivos da convocatoria.
Pola Língua Galega no Dereito Data: 24/09/2011
Vistas: 598
Avaliación: 1.00
Pola Língua Galega no Dereito
Seguindo na liña iniciada hai anos, a Irmandade Xurídica Galega (I.X.U.G.A.) vén convocando a cada pouco en distintos lugares de Galicia, novos encontros de profesionais do Dereito coa finalidade de incorporalos ao proceso de galeguización xurídica. O pasado mes de setembro, en colaboración co concello da Estrada, levouse a cabo un novo acto no que avogados, procuradores, xuíces e funcionarios xudiciais se sumaron a este ambicioso proxecto regaleguizador da Administración de Xustiza. Cada vez son máis os operadores xurídicos que deciden apostar pola normalización da lingua galega na relación cos administradores e usuarios deses servizos profesionais, totalizando a maioría dos que exercen no partido xudicial da Estrada.
Chantada, polo dereito Data: 17/12/2011
Vistas: 435
Avaliación: 0
Chantada, polo dereito
A Irmandade Xurídica Galega levou a cabo un novo acto de reafirmación no galeguismo xurídico en colaboración co Concello de Chantada. Avogados, procuradores, xuíces de paz e tres xuízas comprometéronse publicamente ó exercicio da súa función en lingua galega coa finalidade de prestar un servizo público acorde cos fundamentos da IXUGA.