Data: 06/07/2012 Vistas: 3355 Avaliación: 5.00
CONSUMOGUSTOS
Este anuncio intenta promover o consumo responsable. Preferir produtos galegos etiquetados na nosa lingua é unha maneira de sermos galegos galeguizados. Elixir establecementos que se identifican coa nosa identidade é unha boa maneira de pedir que se respecte a nosa lingua nas relacións cos clientes. Non sexamos consumidores pasivos e promovamos a galeguización comercial. Respondamos ás propostas que nos fagan en calquera establecemento cun prego rotundo e amable á vez: “Etiquetados en galego, por favor”.
Cómpre que todos, como consumidores e empresarios, nos impliquemos nesta tarefa.
Vivamos como galegos galeguizados. Pedimos ás organizacións sociais do País que se sumen a esta campaña do Foro E. Peinador (Irmandade Galega de Adegueiros), divulgando nas redes sociais este promocional.
A galeguización de Galicia é posible. Se queremos...podemos.
Data: 10/12/2012 Vistas: 418 Avaliación: 4.86
Consumogustos
A Casa da Cultura Galega en Vigo foi o escenario escollido para a presentación da campaña “Consumogustos, etiquetados en galego” que vén levando a cabo o Foro Peinador para promover o consumo de produtos galegos etiquetados na nosa lingua.
Data: 20/12/2012 Vistas: 245 Avaliación: 4.67
TODOS POLO CONSUMO RESPONSABLE
A sede da Asociación de Hostelería de Compostela foi outro espazo escollido polo Foro Enrique Peinador, para presentar a campaña CONSUMOGUSTOS, etiquetados en galego.
Data: 09/01/2013 Vistas: 40 Avaliación: 0
CONSUMOGUSTOS "Revista da tarde", da TVG.
A campaña publicitaria do Foro E. Peinador e Irmandade Galega de Adegueiros para estimular o fomento do consumo responsable e solidario tivo o respaldo do programa,"Revista da tarde" da TVG.
Data: 09/07/2008 Vistas: 43 Avaliación: 0
Barreras galeguízase
Gravación acto sinatura convenio galeguización do asteleiro H.J.Barreras.
Data: 05/11/2010 Vistas: 127 Avaliación: 0
Sinatura Convenio Celtic Estores
O Foro Peinador sigue animando o proceso de reencontro das empresas coa identidade galega. Con esta finalidade celebrouse o acto de investidura de galeguidade empresarial da empresa CELTIC ESTORES, en Moraña, no que a dirección da mesma, co seu director-xerente ao fronte, as traballadoras e traballadores e un numeroso grupo de empresarios, foron testemuñas directas do compromiso de apoiar o uso da lingua galega no ámbito da empresa. Este acto simboliza un novo reencontro da economía coa identidade cultural de Galicia. A súa escenificación, facendo copartícipes aos traballadores como o activo máis importante da empresa, tivo unha grande presenza institucional e un apoio empresarial importante. A sinatura dun convenio de colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, co seu Secretario Xeral ao fronte, permitirá que este desexo sexa unha realidade que contribúa á normalización da nosa lingua na empresa.
Data: 08/10/2008 Vistas: 10 Avaliación: 0
Embarcámonos coa Lingua
Gravación acto sinatura convenio galeguización ACLUNAGA.
|