Buscar Vídeo:

Sinatura Convenio Celtic Estores Data: 05/11/2010
Vistas: 127
Avaliación: 0
Sinatura Convenio Celtic Estores
O Foro Peinador sigue animando o proceso de reencontro das empresas coa identidade galega. Con esta finalidade celebrouse o acto de investidura de galeguidade empresarial da empresa CELTIC ESTORES, en Moraña, no que a dirección da mesma, co seu director-xerente ao fronte, as traballadoras e traballadores e un numeroso grupo de empresarios, foron testemuñas directas do compromiso de apoiar o uso da lingua galega no ámbito da empresa. Este acto simboliza un novo reencontro da economía coa identidade cultural de Galicia. A súa escenificación, facendo copartícipes aos traballadores como o activo máis importante da empresa, tivo unha grande presenza institucional e un apoio empresarial importante. A sinatura dun convenio de colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, co seu Secretario Xeral ao fronte, permitirá que este desexo sexa unha realidade que contribúa á normalización da nosa lingua na empresa.
85º ANIº do Congreso de Economía de Galicia do 1925-Inauguración Data: 20/12/2010
Vistas: 466
Avaliación: 2.00
85º ANIº do Congreso de Economía de Galicia do 1925-Inauguración

85º ANIº do Congreso de Economía de Galicia do 1925-Clausura Data: 20/12/2010
Vistas: 72
Avaliación: 0
85º ANIº do Congreso de Economía de Galicia do 1925-Clausura

OS REITORES DAS UNIVERSIDADES GALEGAS CO FORO E. PEINADOR Data: 31/10/2011
Vistas: 664
Avaliación: 3.00
OS REITORES DAS UNIVERSIDADES GALEGAS CO FORO E. PEINADOR
Recuperar o diálogo entre a economía e a identidade galegas é un dos obxectivos fundacionais do Foro E. Peinador. Superar o dilema entre singularidade e globalización é hoxe a tarefa máis urxente que ten que resolver Galicia, as súas institucións e os xestores empresariais, para estar con personalidade propia nos mercados internacionais. Renunciar á singularidade é un acto de consecuencias irreversibles para a nosa identidade nacional. As estratexias empresariais débense asentar na forza que lles pode dar unha denominación de orixe vencellada a unha cultura e a unha lingua, como acontece coas marcas de prestixio internacional. Traballadores e consumidores teñen a obriga tamén de contribuír a acadar este fin. Os reitores das tres universidades galegas comparten esta preocupación. Velaí o por que da súa implicación e o seu compromiso co Foro E. Peinador.
O Foro E. Peinador con Ourense Data: 09/10/2012
Vistas: 245
Avaliación: 0
O Foro E. Peinador con Ourense
Se a economía non se galeguiza, a lingua galega perde un espazo social importante para a súa pervivencia. O Foro E. Peinador está a levar a cabo diversas accións encamiñadas a facer do noso idioma unha lingua de uso normal nas actividades empresariais e económicas. Con esta finalidade celebrouse en Ourense, en colaboración coa Deputación Provincial, un encontro no que participaron directivos de coñecidas empresas punteiras en cadanseu sector.
Barreras galeguízase Data: 09/07/2008
Vistas: 43
Avaliación: 0
Barreras galeguízase
Gravación acto sinatura convenio galeguización do asteleiro H.J.Barreras.
Embarcámonos coa Lingua Data: 08/10/2008
Vistas: 10
Avaliación: 0
Embarcámonos coa Lingua
Gravación acto sinatura convenio galeguización ACLUNAGA.