Data: 24/09/2011 Vistas: 598 Avaliación: 1.00
Pola Língua Galega no Dereito
Seguindo na liña iniciada hai anos, a Irmandade Xurídica Galega (I.X.U.G.A.) vén convocando a cada pouco en distintos lugares de Galicia, novos encontros de profesionais do Dereito coa finalidade de incorporalos ao proceso de galeguización xurídica. O pasado mes de setembro, en colaboración co concello da Estrada, levouse a cabo un novo acto no que avogados, procuradores, xuíces e funcionarios xudiciais se sumaron a este ambicioso proxecto regaleguizador da Administración de Xustiza. Cada vez son máis os operadores xurídicos que deciden apostar pola normalización da lingua galega na relación cos administradores e usuarios deses servizos profesionais, totalizando a maioría dos que exercen no partido xudicial da Estrada.
Data: 17/03/2012 Vistas: 4752 Avaliación: 4.38
Mil festas máis para a lingua galega "Homenaxe a Prudencio Romo"
Un pobo que non canta na súa lingua é un pobo sen identidade de seu.
Non é o caso de Galicia onde o xenio popular foi capaz de crear danzas populares e un cancioneiro do máis variado e vizoso dos pobos de España. De vello nos vén a tradición e a riqueza musical atesourada no maxín das nosas xentes, que foi pasando dunhas xeracións a outras.
Prudencio Romo contribuíu a internacionalizar a nosa lingua a través das súas composicións para a orquestra "Os Tamara" da que formou parte como director artístico.
Foi un dos artífices da creación da música lixeira nos anos sesenta.
Data: 02/04/2013 Vistas: 1972 Avaliación: 4.31
A Roda, a voz dun pobo.
Mil festas máis para a lingua galega
A galeguización das nosas festas populares debe ser un obxectivo prioritario das súas comisións organizadoras. Abonda con que reparen no programa desta nova proposta galeguizadora para aplicar as propostas que se recollen nela. O grupo A Roda, a quen dedicamos esta nova campaña das "MIL FESTAS MÁIS PARA A LINGUA GALEGA", simboliza o exemplo musical que se identifica coa nosa cultura e lingua. As comisións de festas teñen a oportunidade de suxerirlles ás orquestras a galeguización dunha parte do seu repertorio.
Data: 02/05/2013 Vistas: 344 Avaliación: 4.20
MIL FESTAS MÁIS PARA A LINGUA GALEGA
Seguindo na liña de promover a galeguización das festas populares, a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística de Galicia, presentou a campaña MIL FESTAS MÁIS PARA A LINGUA GALEGA na Expoverbena-Presentación de orquestas de Lugo Norte de Espectaculos que se levou a cabo no Pazo de Congresos de Lugo o día 5 de abril de 2013.
Data: 05/11/2010 Vistas: 127 Avaliación: 0
Sinatura Convenio Celtic Estores
O Foro Peinador sigue animando o proceso de reencontro das empresas coa identidade galega. Con esta finalidade celebrouse o acto de investidura de galeguidade empresarial da empresa CELTIC ESTORES, en Moraña, no que a dirección da mesma, co seu director-xerente ao fronte, as traballadoras e traballadores e un numeroso grupo de empresarios, foron testemuñas directas do compromiso de apoiar o uso da lingua galega no ámbito da empresa. Este acto simboliza un novo reencontro da economía coa identidade cultural de Galicia. A súa escenificación, facendo copartícipes aos traballadores como o activo máis importante da empresa, tivo unha grande presenza institucional e un apoio empresarial importante. A sinatura dun convenio de colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, co seu Secretario Xeral ao fronte, permitirá que este desexo sexa unha realidade que contribúa á normalización da nosa lingua na empresa.
Data: 30/06/2005 Vistas: 316 Avaliación: 4.33
Daniel Garcia Ramos, a forza da palabra
Documental sobre a figura do maxistrado do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
Home dotado dunha espléndida intelixencia, que soubo utilizar coma ninguén para interpretar axeitadamente a norma xurídica, foi merecente de moitos recoñecementos públicos. Seu foi o mérito de celebrar a primeira vista oral do Tribunal Superior de Xustiza en lingua galega, sen descoidar a previsión legal de contar cun tradutor para non provocar indefensión xurídica das partes e testemuñas. Como teórico do dereito as súas achegas para a compilación do dereito civil galego, formando parte da comisión promovida polo Parlamento de Galicia, dan mostra dos moitos coñecementos que tiña das nosas institucións xurídicas. Foi un dinamizador brillante e eficaz do proceso de normalización lingüística, participando activamente en congresos e como conferenciante, sen esquecer os seus estudos xurídicos sobre o alcance da cooficialidade lingüística. García Ramos forma parte xa desa pléiade de xuristas galegos que alentaron a nosa identidade como pobo diferenciado, exercendo o seu maxisterio con fundamento científico e acendido verbo.
Data: 08/10/2008 Vistas: 10 Avaliación: 0
Embarcámonos coa Lingua
Gravación acto sinatura convenio galeguización ACLUNAGA.
Data: 29/01/2010 Vistas: 78 Avaliación: 5.00
Relatos da Paisaxe
Iniciativa levada a cabo para fomentar o coñecemento da nosa lingua, cultura e tradicións a través da lectura de relatos escritos por recoñecidos autores galegos que poñen a disposición do viaxeiro a posibilidade de coñecer a paisaxe. No acto de presentación, no concello de Cambados, recordouse a figura dun dos autores que xa non está entre nós: D. Gonzalo Jar Couselo. Con esta acción pretendeuse facer partícipes ao viaxeiros de varias das liñas de autobuses que a empresa TRAVIBÚS NOROESTE, S.A. ten na provincia de Pontevedra. A posta en valor do noso patrimonio paisaxístico, histórico e cultural a través da lectura e do visionado das fotografías que ilustran os relatos, farán redescubrir a realidade a moitos dos usuarios destas liñas de autobuses, participando deste xeito e con toda a naturalidade, na tarefa de espallar a mensaxe galeguizadora na sociedade.
Data: 11/09/2010 Vistas: 619 Avaliación: 3.80
Actos de homenaxe a D. Gonzalo Jar Couselo
A Irmandade Xurídica Galega (IXUGA) homenaxeou a Gonzalo Jar Couselo, xeneral de división da Garda Civil e intelectual comprometido, sen ningún tipo de dúbida, cos valores e principios que fan posible a convivencia en paz e a democracia. Un militar galeguista convencido de que unha Galicia de progreso debe respectar a súa lingua e os seus valores identitarios. Home de profundas convicións que apostaba pola utilización da nosa lingua nos Corpos e Forzas de Seguridade en Galicia e que así o fixo sentir sempre nas súas intervencións e colaboracións.
Data: 27/11/2010 Vistas: 395 Avaliación: 4.00
En galego, agora e sempre
"EN GALEGO, AGORA E SEMPRE" é un libro que recolle perto de cen mandas testamentarias de variados autores que pretenden servir de exemplo para que se vaia estendendo, entre os sectores da sociedade máis preocupados pola sorte da nosa lingua, a idea de asegurarlle un futuro mellor.
A Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística de Galicia, promotora da idea, quere invitar aos cidadáns a incorporar a lingua galega nos testamentos incluíndo unha cláusula dirixida aos legatarios para que protexan e fomenten no futuro o noso idioma, deste xeito inténtase promover un cambio de actitudes lingüísticas na sociedade, utilizando a posibilidade que ten que as vontades individuais impliquen ao conxunto da poboación.
Se ben é certo que os poderes públicos teñen a obriga de protexeren e fomentaren o noso idioma, non é menos certo que no ámbito da actividade privada son os cidadáns os que teñen que asumir responsablemente a vontade de galeguizar as súas propias relacións.
|