Buscar Vídeo:

Relatos da Paisaxe Data: 29/01/2010
Vistas: 78
Avaliación: 5.00
Relatos da Paisaxe
Iniciativa levada a cabo para fomentar o coñecemento da nosa lingua, cultura e tradicións a través da lectura de relatos escritos por recoñecidos autores galegos que poñen a disposición do viaxeiro a posibilidade de coñecer a paisaxe. No acto de presentación, no concello de Cambados, recordouse a figura dun dos autores que xa non está entre nós: D. Gonzalo Jar Couselo. Con esta acción pretendeuse facer partícipes ao viaxeiros de varias das liñas de autobuses que a empresa TRAVIBÚS NOROESTE, S.A. ten na provincia de Pontevedra. A posta en valor do noso patrimonio paisaxístico, histórico e cultural a través da lectura e do visionado das fotografías que ilustran os relatos, farán redescubrir a realidade a moitos dos usuarios destas liñas de autobuses, participando deste xeito e con toda a naturalidade, na tarefa de espallar a mensaxe galeguizadora na sociedade.
Arturo Noguerol, funcionario e galeguista Data: 29/06/2006
Vistas: 223
Avaliación: 4.50
Arturo Noguerol, funcionario e galeguista
Documental sobre a figura deste funcionario comprometido co país.
Relatos da paisaxe Data: 12/04/2010
Vistas: 103
Avaliación: 0
Relatos da paisaxe
Reportaxe TVG
ABRIL TODO O ANO, EN GALEGO Data: 04/08/2011
Vistas: 487
Avaliación: 5.00
ABRIL TODO O ANO, EN GALEGO
Se hai unha empresa que se identifica coa filosofía da responsabilidade social empresarial, que consiste en identificar o negocio coa contorna na que desenvolve as súas actividades, participar activamente no tecido social e orientar a súa estratexia cara o desenvolvemento sostible esta é "Aceites Abril". Unha empresa lingüisticamente responsable que fai unha atinada análise da utilidade da lingua do País na que está asentada nos usos publicitarios e nas relacións coa comunidade na que oferta os seus produtos emitindo mensaxes ao consumidor para que consuma produtos galegos etiquetados na nosa lingua. Don José M.P´rez Canal fálanos de todo isto
CONSUMOGUSTOS Data: 06/07/2012
Vistas: 3383
Avaliación: 5.00
CONSUMOGUSTOS
Este anuncio intenta promover o consumo responsable. Preferir produtos galegos etiquetados na nosa lingua é unha maneira de sermos galegos galeguizados. Elixir establecementos que se identifican coa nosa identidade é unha boa maneira de pedir que se respecte a nosa lingua nas relacións cos clientes. Non sexamos consumidores pasivos e promovamos a galeguización comercial. Respondamos ás propostas que nos fagan en calquera establecemento cun prego rotundo e amable á vez: “Etiquetados en galego, por favor”. Cómpre que todos, como consumidores e empresarios, nos impliquemos nesta tarefa. Vivamos como galegos galeguizados. Pedimos ás organizacións sociais do País que se sumen a esta campaña do Foro E. Peinador (Irmandade Galega de Adegueiros), divulgando nas redes sociais este promocional. A galeguización de Galicia é posible. Se queremos...podemos.
Julio Fernández, empresario de cine. Data: 16/04/2013
Vistas: 336
Avaliación: 4.00
Julio Fernández, empresario de cine.
Julio Fernández é o director xeral de FILMAX, unha produtora de cine que acadou moitísimos e reputados premios. As súas películas teñen proxección universal. Naceu en Cereixido, unha parroquia do concello de A Fonsagrada, a onde volve con frecuencia na procura do sosego e a inspiración. Reside en Catalunya que é a súa segunda patria. Desde ali dirixe o movemento de emprendedores galegos no mundo. Galicia e a galeguidade están sempre presentes na súa acción empresarial. Foi o primeiro produtor cinematográfico que versionou en lingua galega unha película. No catálogo de Filmax hainas inspiradas en Galicia e rodadas nas súas paisaxes. Fai parte do grupo de empresarios integrados no Foro E. Peinador.
Victorino Gutiérrez Aller Data: 30/06/2010
Vistas: 232
Avaliación: 4.67
Victorino Gutiérrez Aller

Barreras galeguízase Data: 09/07/2008
Vistas: 43
Avaliación: 0
Barreras galeguízase
Gravación acto sinatura convenio galeguización do asteleiro H.J.Barreras.
Fermín Bouza Brey: un xuíz de lei Data: 26/06/2008
Vistas: 727
Avaliación: 4.80
Fermín Bouza Brey: un xuíz de lei
Documental sobre a figura do maxistrado Bouza Brey.
Sinatura Convenio Celtic Estores Data: 05/11/2010
Vistas: 127
Avaliación: 0
Sinatura Convenio Celtic Estores
O Foro Peinador sigue animando o proceso de reencontro das empresas coa identidade galega. Con esta finalidade celebrouse o acto de investidura de galeguidade empresarial da empresa CELTIC ESTORES, en Moraña, no que a dirección da mesma, co seu director-xerente ao fronte, as traballadoras e traballadores e un numeroso grupo de empresarios, foron testemuñas directas do compromiso de apoiar o uso da lingua galega no ámbito da empresa. Este acto simboliza un novo reencontro da economía coa identidade cultural de Galicia. A súa escenificación, facendo copartícipes aos traballadores como o activo máis importante da empresa, tivo unha grande presenza institucional e un apoio empresarial importante. A sinatura dun convenio de colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, co seu Secretario Xeral ao fronte, permitirá que este desexo sexa unha realidade que contribúa á normalización da nosa lingua na empresa.
1 2 3 4 5 ... 8 Siguientes >