Data: 13/07/2011 Vistas: 428 Avaliación: 5.00
Nova - Encontro Foro Peinador en Lestrove
O Pazo de Lestrobe foi o escenario, unha vez máis, dun dos encontros que o Foro Peinador vén celebrando asiduamente con empresarios e representantes institucionais, nomeadamente a S.X.P.Lingüística, a fiscalía Superior de Galicia, O Consello Galego de Relacións Laborais e a Xefatura Superior de Policia de Galicia coa finalidade de achegar posturas e incorporar procesos de normalización da lingua galega nas actividades empresariais.
Data: 31/10/2011 Vistas: 667 Avaliación: 3.00
OS REITORES DAS UNIVERSIDADES GALEGAS CO FORO E. PEINADOR
Recuperar o diálogo entre a economía e a identidade galegas é un dos obxectivos fundacionais do Foro E. Peinador. Superar o dilema entre singularidade e globalización é hoxe a tarefa máis urxente que ten que resolver Galicia, as súas institucións e os xestores empresariais, para estar con personalidade propia nos mercados internacionais. Renunciar á singularidade é un acto de consecuencias irreversibles para a nosa identidade nacional. As estratexias empresariais débense asentar na forza que lles pode dar unha denominación de orixe vencellada a unha cultura e a unha lingua, como acontece coas marcas de prestixio internacional. Traballadores e consumidores teñen a obriga tamén de contribuír a acadar este fin. Os reitores das tres universidades galegas comparten esta preocupación. Velaí o por que da súa implicación e o seu compromiso co Foro E. Peinador.
Data: 09/10/2012 Vistas: 256 Avaliación: 0
O Foro E. Peinador con Ourense
Se a economía non se galeguiza, a lingua galega perde un espazo social importante para a súa pervivencia. O Foro E. Peinador está a levar a cabo diversas accións encamiñadas a facer do noso idioma unha lingua de uso normal nas actividades empresariais e económicas.
Con esta finalidade celebrouse en Ourense, en colaboración coa Deputación Provincial, un encontro no que participaron directivos de coñecidas empresas punteiras en cadanseu sector.
Data: 06/06/2013 Vistas: 170 Avaliación: 5.00
Encontro Foro Peinador en Lestrobe
Celebrouse o día 16 de maio un novo encontro no Pazo de Lestrobe promovido polo Foro Peinador coa finalidade de continuar coas xuntanzas periódicas con empresarios para expoñerlles os seus obxectivos e procurar novas adhesións para a galeguización da economía.
Data: 05/11/2010 Vistas: 127 Avaliación: 0
Sinatura Convenio Celtic Estores
O Foro Peinador sigue animando o proceso de reencontro das empresas coa identidade galega. Con esta finalidade celebrouse o acto de investidura de galeguidade empresarial da empresa CELTIC ESTORES, en Moraña, no que a dirección da mesma, co seu director-xerente ao fronte, as traballadoras e traballadores e un numeroso grupo de empresarios, foron testemuñas directas do compromiso de apoiar o uso da lingua galega no ámbito da empresa. Este acto simboliza un novo reencontro da economía coa identidade cultural de Galicia. A súa escenificación, facendo copartícipes aos traballadores como o activo máis importante da empresa, tivo unha grande presenza institucional e un apoio empresarial importante. A sinatura dun convenio de colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, co seu Secretario Xeral ao fronte, permitirá que este desexo sexa unha realidade que contribúa á normalización da nosa lingua na empresa.
Data: 05/04/2012 Vistas: 544 Avaliación: 3.00
Academia Postal, forxa de galeguismo
Francisco Nóvoa Rodríguez, director xeral do Grupo Academia Postal, responde nesta entrevista ás preguntas feitas polo presidente do Foro E. Peinador, Xosé González Martínez. Nela expón migalleiramente os obxectivos dos seus centros de formación e as medidas utilizadas para promover o fomento e uso da lingua galega en todas as actividades formativas, editoriais e administrativas.
Data: 06/07/2012 Vistas: 3383 Avaliación: 5.00
CONSUMOGUSTOS
Este anuncio intenta promover o consumo responsable. Preferir produtos galegos etiquetados na nosa lingua é unha maneira de sermos galegos galeguizados. Elixir establecementos que se identifican coa nosa identidade é unha boa maneira de pedir que se respecte a nosa lingua nas relacións cos clientes. Non sexamos consumidores pasivos e promovamos a galeguización comercial. Respondamos ás propostas que nos fagan en calquera establecemento cun prego rotundo e amable á vez: “Etiquetados en galego, por favor”.
Cómpre que todos, como consumidores e empresarios, nos impliquemos nesta tarefa.
Vivamos como galegos galeguizados. Pedimos ás organizacións sociais do País que se sumen a esta campaña do Foro E. Peinador (Irmandade Galega de Adegueiros), divulgando nas redes sociais este promocional.
A galeguización de Galicia é posible. Se queremos...podemos.
Data: 28/09/2012 Vistas: 704 Avaliación: 2.67
FOMENTANDO A IDENTIDADE EMPRESARIAL
Crear cultura empresarial en harmonia coa cultura galega.
O Foro E. Peinador dinamiza o discurso do galeguismo empresarial nun novo encontro celebrado no Pazo de Lestrobe.
|