Buscar Vídeo:

A fala dos viños Data: 18/03/2008
Vistas: 447
Avaliación: 5.00
A fala dos viños
Video promocional da campaña a prol do etiquetado dos viños en galego.
Relatos da Paisaxe Data: 29/01/2010
Vistas: 78
Avaliación: 5.00
Relatos da Paisaxe
Iniciativa levada a cabo para fomentar o coñecemento da nosa lingua, cultura e tradicións a través da lectura de relatos escritos por recoñecidos autores galegos que poñen a disposición do viaxeiro a posibilidade de coñecer a paisaxe. No acto de presentación, no concello de Cambados, recordouse a figura dun dos autores que xa non está entre nós: D. Gonzalo Jar Couselo. Con esta acción pretendeuse facer partícipes ao viaxeiros de varias das liñas de autobuses que a empresa TRAVIBÚS NOROESTE, S.A. ten na provincia de Pontevedra. A posta en valor do noso patrimonio paisaxístico, histórico e cultural a través da lectura e do visionado das fotografías que ilustran os relatos, farán redescubrir a realidade a moitos dos usuarios destas liñas de autobuses, participando deste xeito e con toda a naturalidade, na tarefa de espallar a mensaxe galeguizadora na sociedade.
Relatos da paisaxe Data: 12/04/2010
Vistas: 102
Avaliación: 0
Relatos da paisaxe
Reportaxe TVG
Actos de homenaxe a D. Gonzalo Jar Couselo Data: 11/09/2010
Vistas: 619
Avaliación: 3.80
Actos de homenaxe a D. Gonzalo Jar Couselo
A Irmandade Xurídica Galega (IXUGA) homenaxeou a Gonzalo Jar Couselo, xeneral de división da Garda Civil e intelectual comprometido, sen ningún tipo de dúbida, cos valores e principios que fan posible a convivencia en paz e a democracia. Un militar galeguista convencido de que unha Galicia de progreso debe respectar a súa lingua e os seus valores identitarios. Home de profundas convicións que apostaba pola utilización da nosa lingua nos Corpos e Forzas de Seguridade en Galicia e que así o fixo sentir sempre nas súas intervencións e colaboracións.
En galego, agora e sempre Data: 27/11/2010
Vistas: 395
Avaliación: 4.00
En galego, agora e sempre
"EN GALEGO, AGORA E SEMPRE" é un libro que recolle perto de cen mandas testamentarias de variados autores que pretenden servir de exemplo para que se vaia estendendo, entre os sectores da sociedade máis preocupados pola sorte da nosa lingua, a idea de asegurarlle un futuro mellor. A Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística de Galicia, promotora da idea, quere invitar aos cidadáns a incorporar a lingua galega nos testamentos incluíndo unha cláusula dirixida aos legatarios para que protexan e fomenten no futuro o noso idioma, deste xeito inténtase promover un cambio de actitudes lingüísticas na sociedade, utilizando a posibilidade que ten que as vontades individuais impliquen ao conxunto da poboación. Se ben é certo que os poderes públicos teñen a obriga de protexeren e fomentaren o noso idioma, non é menos certo que no ámbito da actividade privada son os cidadáns os que teñen que asumir responsablemente a vontade de galeguizar as súas propias relacións.
Parladoiro con Anxo Lorenzo Data: 09/05/2011
Vistas: 376
Avaliación: 1.50
Parladoiro con Anxo Lorenzo
Secretario Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, no que fala da Rede de Dinamización Lingüística como ferramenta indispensable para promocionar o uso do galego no ámbito local.
Parladoiro con Ramón Lorenzo Data: 20/05/2011
Vistas: 827
Avaliación: 4.44
Parladoiro con Ramón Lorenzo
Filólogo, investigador, académico da R.A.G. e egrexio persoeiro da cultura de Galicia no que se debate sobre o presente e o futuro da lingua galega.
Premios Data: 15/05/2011
Vistas: 121
Avaliación: 0
Premios "Bos e Xenerosos 2011"

Entrega Premios Bos e Xenerosos 2011 Data: 15/05/2011
Vistas: 339
Avaliación: 5.00
Entrega Premios Bos e Xenerosos 2011
A Fundación Eduardo Pondal concedéulles os galardóns de Bos e Xenerosos á pedagoga Antía Cal Vázquez, ao escritor Xesús Alonso Montero e a Xosé González Martínez, presidente do Foro E.Peinador e dinamizador doutras plataformas culturais.
Parladoiro Data: 14/10/2011
Vistas: 720
Avaliación: 5.00
Parladoiro "En galego, agora e sempre"
En Galicia está moi arrizada a cultura da morte. No Día de Defuntos énchense os camposantos de xentes para renderen homenaxe á memoria dos seres queridos. Unha tradición que debería ser dedicada á restitución da cultura e idioma de todos os que nos precederon. Porque se Galicia segue a ter aínda hoxe cultura e lingua de seu, débeselle aos millóns de galegos e galegas que viviron, cantaron, amaron e choraron na nosa lingua. Urxe, xa que logo, restituír a memoria colectiva, e a mellor maneira de facelo é substituindo as lápidas en castelán por outras en galego. O seu legado cultural é merecente de tal homenaxe. A Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística de Galicia está a promover diversos actos en colaboración con varios concellos galegos para levar adiante este proceso.