Data: 20/06/2009 Vistas: 54 Avaliación: 5.00
II Asemblea IXUGA
Acto nomeamento novos membros da IXUGA.
Data: 17/12/2011 Vistas: 435 Avaliación: 0
Chantada, polo dereito
A Irmandade Xurídica Galega levou a cabo un novo acto de reafirmación no galeguismo xurídico en colaboración co Concello de Chantada.
Avogados, procuradores, xuíces de paz e tres xuízas comprometéronse publicamente ó exercicio da súa función en lingua galega coa finalidade de prestar un servizo público acorde cos fundamentos da IXUGA.
Data: 07/05/2013 Vistas: 212 Avaliación: 5.00
Rolda de prensa VI Asemblea IXUGA
Presentouse ós medios de comunicación a VI ASEMBLEA DA IRMANDADE XURÍDICA GALEGA, que se celebrará o próximo sábado, día 11 de maio ás 12:30 horas da mañá, no Centro Social de Novagaliciabanco na rúa Policarpo Sanz de Vigo.
Data: 29/06/2011 Vistas: 969 Avaliación: 3.50
Acto de inauguración do monumento a Don Fermín Bouza Brey
O día 29 de xuño de 2011, na Praza Bouza Brey da cidade de Pontevedra, a Irmandade Xurídica Galega erixíu un monumento ao insigne maxistrado D. Fermín Bouza Brey.
D. Xosé Luís Franco Grande, académico da R.A.G. e amigo do homenaxeado, foi o encargado de louvar a súa figura nun discurso cheo de emoción e recordos.
D. Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra, estivo presente no acto e dirixíuse ao público asistente, entre o que se encontraban os fillos do homenaxeado, louvando a figura do insigne polígrafo e xuíz.
Tamén D. Anxo Lorenzo, Secretario Xeral de Política Lingüística, deixou constancia a través da súa palabra do moito que Galicia lle debe á figura e obra de D. Fermín Bouza Brey.
D. Xoaquín Monteagudo, Presidente da Irmandade Xurídica Galega agradeceu a colaboración de todos os que asumiron a proposta da Irmandade e fixeron posible que o monumento sexa xa unha realidade.
Dª. Isabel Bouza Alvarez, filla de D. Fermín Bouza Brey, agradeceu en nome da familia o recordo e os actos que a Irmandade Xurídica Galega leva a cabo na honra do seu pai.
Data: 02/07/2011 Vistas: 593 Avaliación: 5.00
IV Asemblea da I.X.U.G.A.
Nun solemne acto, celebrado no salón de Plenos da Deputación Provincial de Pontevedra o día 2 de xullo de 2011, levouse a cabo a IV Asemblea da Irmandande Xurídica Galega, no que 22 persoas, entre as que se encontran maxistrados, xuices, fiscais, avogados, procuradores, secretarios xudiciais e persoal administrativo da administración de Xustiza, entraron a formar parte dunha entidade que vén, desde hai anos, defendendo e incentivando o uso do idioma galego entre os profesionais do Dereito no exercicio das súas actividades profesionais.
Data: 13/09/2011 Vistas: 631 Avaliación: 5.00
NA ESTRADA, POLO DEREITO
No Concello da Estrada levarase a cabo o día 24 de setembro unha xornada sobre a galeguización do Dereito promovida pola Irmandade Xurídica Galega e o Concello. Foron invitados a participar no encontro todos os operadores xurídicos do partido xudicial, do que tamén forman parte os concellos de Forcarei e Cerdedo.
A utilización da lingua galega nos procedementos xudiciais perante todos os órganos xurisdicionais, e a solicitude expresa para que estes dicten resolución na nosa lingua, segundo o disposto na Lei de Normalización Lingüística, son os obxectivos da convocatoria.
|