Data: 02/07/2011 Vistas: 592 Avaliación: 5.00
IV Asemblea da I.X.U.G.A.
Nun solemne acto, celebrado no salón de Plenos da Deputación Provincial de Pontevedra o día 2 de xullo de 2011, levouse a cabo a IV Asemblea da Irmandande Xurídica Galega, no que 22 persoas, entre as que se encontran maxistrados, xuices, fiscais, avogados, procuradores, secretarios xudiciais e persoal administrativo da administración de Xustiza, entraron a formar parte dunha entidade que vén, desde hai anos, defendendo e incentivando o uso do idioma galego entre os profesionais do Dereito no exercicio das súas actividades profesionais.
Data: 08/11/2011 Vistas: 590 Avaliación: 5.00
IGREXA GALEGA
Na historia da Igrexa galega hai unha amplísima nómina de cregos comprometidos coa inculturización da fe. É de salientar, na galeguización da liturxia, o papel que tivo na década dos anos sesenta o xesuita Xaime Seixas Subirá. Mais non estivo só nesta tarefa. Non debemos esquecernos dos movementos de cristiáns de base, partidarios desa inculturización da igrexa. Tamén é de xustiza recoñecer o labor realizado por moitos cregos que realizan o seu exercicio pastoral na nosa lingua. Monseñor Luís Quinteiro Fiuza, Bispo da Diocese de Tui-Vigo, é o protagonista deste novo Parladoiro con Xosé González, secretario da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingúística.
Data: 24/09/2011 Vistas: 598 Avaliación: 1.00
Pola Língua Galega no Dereito
Seguindo na liña iniciada hai anos, a Irmandade Xurídica Galega (I.X.U.G.A.) vén convocando a cada pouco en distintos lugares de Galicia, novos encontros de profesionais do Dereito coa finalidade de incorporalos ao proceso de galeguización xurídica. O pasado mes de setembro, en colaboración co concello da Estrada, levouse a cabo un novo acto no que avogados, procuradores, xuíces e funcionarios xudiciais se sumaron a este ambicioso proxecto regaleguizador da Administración de Xustiza. Cada vez son máis os operadores xurídicos que deciden apostar pola normalización da lingua galega na relación cos administradores e usuarios deses servizos profesionais, totalizando a maioría dos que exercen no partido xudicial da Estrada.
Data: 18/03/2008 Vistas: 447 Avaliación: 5.00
A fala dos viños
Video promocional da campaña a prol do etiquetado dos viños en galego.
Data: 20/06/2009 Vistas: 53 Avaliación: 5.00
II Asemblea IXUGA
Acto nomeamento novos membros da IXUGA.
Data: 29/01/2010 Vistas: 78 Avaliación: 5.00
Relatos da Paisaxe
Iniciativa levada a cabo para fomentar o coñecemento da nosa lingua, cultura e tradicións a través da lectura de relatos escritos por recoñecidos autores galegos que poñen a disposición do viaxeiro a posibilidade de coñecer a paisaxe. No acto de presentación, no concello de Cambados, recordouse a figura dun dos autores que xa non está entre nós: D. Gonzalo Jar Couselo. Con esta acción pretendeuse facer partícipes ao viaxeiros de varias das liñas de autobuses que a empresa TRAVIBÚS NOROESTE, S.A. ten na provincia de Pontevedra. A posta en valor do noso patrimonio paisaxístico, histórico e cultural a través da lectura e do visionado das fotografías que ilustran os relatos, farán redescubrir a realidade a moitos dos usuarios destas liñas de autobuses, participando deste xeito e con toda a naturalidade, na tarefa de espallar a mensaxe galeguizadora na sociedade.
Data: 11/09/2010 Vistas: 619 Avaliación: 3.80
Actos de homenaxe a D. Gonzalo Jar Couselo
A Irmandade Xurídica Galega (IXUGA) homenaxeou a Gonzalo Jar Couselo, xeneral de división da Garda Civil e intelectual comprometido, sen ningún tipo de dúbida, cos valores e principios que fan posible a convivencia en paz e a democracia. Un militar galeguista convencido de que unha Galicia de progreso debe respectar a súa lingua e os seus valores identitarios. Home de profundas convicións que apostaba pola utilización da nosa lingua nos Corpos e Forzas de Seguridade en Galicia e que así o fixo sentir sempre nas súas intervencións e colaboracións.
Data: 27/11/2010 Vistas: 395 Avaliación: 4.00
En galego, agora e sempre
"EN GALEGO, AGORA E SEMPRE" é un libro que recolle perto de cen mandas testamentarias de variados autores que pretenden servir de exemplo para que se vaia estendendo, entre os sectores da sociedade máis preocupados pola sorte da nosa lingua, a idea de asegurarlle un futuro mellor.
A Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística de Galicia, promotora da idea, quere invitar aos cidadáns a incorporar a lingua galega nos testamentos incluíndo unha cláusula dirixida aos legatarios para que protexan e fomenten no futuro o noso idioma, deste xeito inténtase promover un cambio de actitudes lingüísticas na sociedade, utilizando a posibilidade que ten que as vontades individuais impliquen ao conxunto da poboación.
Se ben é certo que os poderes públicos teñen a obriga de protexeren e fomentaren o noso idioma, non é menos certo que no ámbito da actividade privada son os cidadáns os que teñen que asumir responsablemente a vontade de galeguizar as súas propias relacións.
|