Data: 13/07/2011 Vistas: 428 Avaliación: 5.00
Nova - Encontro Foro Peinador en Lestrove
O Pazo de Lestrobe foi o escenario, unha vez máis, dun dos encontros que o Foro Peinador vén celebrando asiduamente con empresarios e representantes institucionais, nomeadamente a S.X.P.Lingüística, a fiscalía Superior de Galicia, O Consello Galego de Relacións Laborais e a Xefatura Superior de Policia de Galicia coa finalidade de achegar posturas e incorporar procesos de normalización da lingua galega nas actividades empresariais.
Data: 31/10/2011 Vistas: 664 Avaliación: 3.00
OS REITORES DAS UNIVERSIDADES GALEGAS CO FORO E. PEINADOR
Recuperar o diálogo entre a economía e a identidade galegas é un dos obxectivos fundacionais do Foro E. Peinador. Superar o dilema entre singularidade e globalización é hoxe a tarefa máis urxente que ten que resolver Galicia, as súas institucións e os xestores empresariais, para estar con personalidade propia nos mercados internacionais. Renunciar á singularidade é un acto de consecuencias irreversibles para a nosa identidade nacional. As estratexias empresariais débense asentar na forza que lles pode dar unha denominación de orixe vencellada a unha cultura e a unha lingua, como acontece coas marcas de prestixio internacional. Traballadores e consumidores teñen a obriga tamén de contribuír a acadar este fin. Os reitores das tres universidades galegas comparten esta preocupación. Velaí o por que da súa implicación e o seu compromiso co Foro E. Peinador.
Data: 04/08/2011 Vistas: 487 Avaliación: 5.00
ABRIL TODO O ANO, EN GALEGO
Se hai unha empresa que se identifica coa filosofía da responsabilidade social empresarial, que consiste en identificar o negocio coa contorna na que desenvolve as súas actividades, participar activamente no tecido social e orientar a súa estratexia cara o desenvolvemento sostible esta é "Aceites Abril". Unha empresa lingüisticamente responsable que fai unha atinada análise da utilidade da lingua do País na que está asentada nos usos publicitarios e nas relacións coa comunidade na que oferta os seus produtos emitindo mensaxes ao consumidor para que consuma produtos galegos etiquetados na nosa lingua. Don José M.P´rez Canal fálanos de todo isto
Data: 05/04/2012 Vistas: 543 Avaliación: 3.00
Academia Postal, forxa de galeguismo
Francisco Nóvoa Rodríguez, director xeral do Grupo Academia Postal, responde nesta entrevista ás preguntas feitas polo presidente do Foro E. Peinador, Xosé González Martínez. Nela expón migalleiramente os obxectivos dos seus centros de formación e as medidas utilizadas para promover o fomento e uso da lingua galega en todas as actividades formativas, editoriais e administrativas.
Data: 18/07/2012 Vistas: 225 Avaliación: 5.00
Novas iniciativas Galeguizadoras
Este é o caso da Irmandade Galega de Adegueiros. O nacemento desta nova organización promoverá unha alianza estratéxica con outros sectores agroalimentarios para afrontar a galeguización do sector.
|