Data: 11/09/2010 Vistas: 619 Avaliación: 3.80
Actos de homenaxe a D. Gonzalo Jar Couselo
A Irmandade Xurídica Galega (IXUGA) homenaxeou a Gonzalo Jar Couselo, xeneral de división da Garda Civil e intelectual comprometido, sen ningún tipo de dúbida, cos valores e principios que fan posible a convivencia en paz e a democracia. Un militar galeguista convencido de que unha Galicia de progreso debe respectar a súa lingua e os seus valores identitarios. Home de profundas convicións que apostaba pola utilización da nosa lingua nos Corpos e Forzas de Seguridade en Galicia e que así o fixo sentir sempre nas súas intervencións e colaboracións.
Data: 27/11/2010 Vistas: 395 Avaliación: 4.00
En galego, agora e sempre
"EN GALEGO, AGORA E SEMPRE" é un libro que recolle perto de cen mandas testamentarias de variados autores que pretenden servir de exemplo para que se vaia estendendo, entre os sectores da sociedade máis preocupados pola sorte da nosa lingua, a idea de asegurarlle un futuro mellor.
A Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística de Galicia, promotora da idea, quere invitar aos cidadáns a incorporar a lingua galega nos testamentos incluíndo unha cláusula dirixida aos legatarios para que protexan e fomenten no futuro o noso idioma, deste xeito inténtase promover un cambio de actitudes lingüísticas na sociedade, utilizando a posibilidade que ten que as vontades individuais impliquen ao conxunto da poboación.
Se ben é certo que os poderes públicos teñen a obriga de protexeren e fomentaren o noso idioma, non é menos certo que no ámbito da actividade privada son os cidadáns os que teñen que asumir responsablemente a vontade de galeguizar as súas propias relacións.
Data: 09/05/2011 Vistas: 376 Avaliación: 1.50
Parladoiro con Anxo Lorenzo
Secretario Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, no que fala da Rede de Dinamización Lingüística como ferramenta indispensable para promocionar o uso do galego no ámbito local.
|