Data: 31/01/2012 Vistas: 395 Avaliación: 5.00
O intelectual Arturo Noguerol
O pasado 31 de xaneiro o concello repuxo a placa que fóra substraida do edificio no que o avogado Arturo Noguerol tivera o seu despacho profesional situado na rúa Padre Feijoó.
A continuación no Centro Cultural da Deputación Provincial presentouse a obra "Ética e Estética de Arturo Noguerol" de D. Fernando Román.
Data: 09/03/2012 Vistas: 341 Avaliación: 5.00
Mil festas máis para a lingua galega
Nese propósito enmárcase a campaña que en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística levará a cabo a Asociación de Funcionarios e que será presentada na Cidade da Cultura o próximo día 22 de marzo -xoves- ás 18:00 horas do serán.
Será un acto público no que tamén se homenaxeará a Prudencio Romo, que fora director musical do mítico Grupo "Os Tamara" quen na década dos 60 chegaron coa súa música, en galego, aos máis altos escenarios europeos chegando incluso a tocar na famosa sala Olympia de París. A súa canción "Galicia, Terra nosa" tivo tal éxito que despois dela a casa de discos non quería máis que cancións en galego.
Data: 17/03/2012 Vistas: 4752 Avaliación: 4.38
Mil festas máis para a lingua galega "Homenaxe a Prudencio Romo"
Un pobo que non canta na súa lingua é un pobo sen identidade de seu.
Non é o caso de Galicia onde o xenio popular foi capaz de crear danzas populares e un cancioneiro do máis variado e vizoso dos pobos de España. De vello nos vén a tradición e a riqueza musical atesourada no maxín das nosas xentes, que foi pasando dunhas xeracións a outras.
Prudencio Romo contribuíu a internacionalizar a nosa lingua a través das súas composicións para a orquestra "Os Tamara" da que formou parte como director artístico.
Foi un dos artífices da creación da música lixeira nos anos sesenta.
Data: 22/03/2012 Vistas: 568 Avaliación: 5.00
En galego desde os palcos
A Cidade da cultura de Galicia acolleu a presentación da iniciativa promovida pola Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística de Galicia "Mil Festas máis para a lingua galega". Esta nova proposta vén continuando o labor emprendido hai ben anos para levar a lingua galega aos ámbitos das festas e do lecer. A proposta é respaldada, unha vez máis, pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Data: 13/04/2012 Vistas: 1513 Avaliación: 5.00
No bico un cantar
Co obxecto de dar difusión aos obxectivos das MIL FESTAS MÁIS PARA A LINGUA GALEGA, presentouse a campaña no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo diante de máis de tres mil persoas, onde se atopaban representantes de máis de oitocentas comisións de festas, concelleiros de cultura, promotores artísticos e público en xeral, que acudiron para coñecer as novidades presentadas pola empresa LUGONORTE de Espectáculos.
A Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística de Galicia e a Secretaría Xeral de Política Lingüística inciden deste xeito, unha vez máis, nos axentes promotores das festas populares explicándolles o alcance da campaña e invitándoos a se sumaren á mesma.
Data: 15/10/2012 Vistas: 1190 Avaliación: 4.75
Restituir a memoria lingüística de Galicia
É importante o compromiso individual que cada un faga da defensa da nosa identidade, e que tal fidelidade aos nosos valores culturais llelos transmitamos á familia e herdeiros. Este modelo de pedagoxía galeguista é o que promove a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística de Galicia coa iniciativa "En galego,agora e sempre". Hai ben anos que se vén realizando en moitas parroquias galegas. Recentemente foi na Entidade Local de Morgadáns, no concello de Gondomar (Pontevedra). Trinta e cinco persoas asinaron a Acta de Vontade, na que se inclúen desexos expresos de vivir e morrer en galego.
Data: 05/12/2012 Vistas: 520 Avaliación: 0
Alonso Montero, un militante da palabra
Presentamos un microdocumental sobre o profesor Alonso Montero, intelectual de acentuado compromiso social, investigador e ensaista de prolífica obra, que vén de cumprir 84 anos. Un percorrido biográfico que nos achega ao personaxe, a súa obra e feitos históricos protagonizados por el.
Data: 18/12/2012 Vistas: 414 Avaliación: 5.00
V Asemblea Xeral da Irmandade Xurídica Galega
A V Asemblea Xeral da Irmandade Xurídica Galega levouse a cabo no Paraninfo da Universidade da cidade da Coruña. Asistíu ó acto numeroso público que acompañou ós novos irmandiños e irmandiñas así como á familia do xurista homenaxeado, D. Ramón Carballal Pernas e os irmandiños de honra D. Antonio Platas Tasende, Decano do Colexio de Avogados da Coruña e D. Xosé Luís Franco Grande, escritor e xurista.
Data: 04/02/2013 Vistas: 335 Avaliación: 5.00
ACTO IMPOSICIÓN BECAS NOVOS IRMANDIÑOS DA ISAGA
Coa descuberta dunha placa que recorda o domicilio de don Ramón Obella Vidal, médico e fundador dos Laboratorios Zeltia, na rúa Alfonso XIII de Vigo, principiamos os actos da II Asemblea da IRMANDADE DA SANIDADE GALEGA que tivo lugar no Centro Social de Novagalicia banco.
Data: 13/02/2013 Vistas: 485 Avaliación: 5.00
A CORRUPCIÓN SISTÉMICA
O Fiscal Superior de Galicia e membro da Irmandade Xurídica Galega estivo en Vigo, o día 4 de febreiro, para pronunciar a conferencia "A CORRUPCIÓN SISTÉMICA".
O salón de actos da Casa Galega da Cultura resultou insuficiente para acoller a nutrida concorrencia de público asistente dado o interese que suscitou o tema a tratar.
|