Buscar Vídeo:

Entrega dos Premios Lois Peña Novo 2011 Data: 30/06/2011
Vistas: 448
Avaliación: 5.00
Entrega dos Premios Lois Peña Novo 2011
Nun acto público celebrado no patio de armas do Castelo de Soutomaior o día 30 de xuño de 2011, a Fundación Lois Peña Novo entregou os premios que desde hai 17 anos veñen recoñecendo o traballo a prol da normalización e defensa da lingua de Galicia.
IV Asemblea da I.X.U.G.A. Data: 02/07/2011
Vistas: 593
Avaliación: 5.00
IV Asemblea da I.X.U.G.A.
Nun solemne acto, celebrado no salón de Plenos da Deputación Provincial de Pontevedra o día 2 de xullo de 2011, levouse a cabo a IV Asemblea da Irmandande Xurídica Galega, no que 22 persoas, entre as que se encontran maxistrados, xuices, fiscais, avogados, procuradores, secretarios xudiciais e persoal administrativo da administración de Xustiza, entraron a formar parte dunha entidade que vén, desde hai anos, defendendo e incentivando o uso do idioma galego entre os profesionais do Dereito no exercicio das súas actividades profesionais.
NA ESTRADA, POLO DEREITO Data: 13/09/2011
Vistas: 631
Avaliación: 5.00
NA ESTRADA, POLO DEREITO
No Concello da Estrada levarase a cabo o día 24 de setembro unha xornada sobre a galeguización do Dereito promovida pola Irmandade Xurídica Galega e o Concello. Foron invitados a participar no encontro todos os operadores xurídicos do partido xudicial, do que tamén forman parte os concellos de Forcarei e Cerdedo. A utilización da lingua galega nos procedementos xudiciais perante todos os órganos xurisdicionais, e a solicitude expresa para que estes dicten resolución na nosa lingua, segundo o disposto na Lei de Normalización Lingüística, son os obxectivos da convocatoria.
Xuices Honorarios 2011 Data: 09/07/2011
Vistas: 497
Avaliación: 0
Xuices Honorarios 2011
A Igrexa de Santiago de Rubiás, nos pobos arraianos do Couto Mixto, foi escenario un ano máis do acto de investidura dos Xuices Honorarios, nomeamento co que a Asociación de Amigos do Couto Mixto distingue, desde hai máis de 10 anos, a aquelas persoas que co seu traballo fan que este singular territorio sexa devolto á memoria colectiva de Galicia.
Parladoiro Data: 14/10/2011
Vistas: 721
Avaliación: 5.00
Parladoiro "En galego, agora e sempre"
En Galicia está moi arrizada a cultura da morte. No Día de Defuntos énchense os camposantos de xentes para renderen homenaxe á memoria dos seres queridos. Unha tradición que debería ser dedicada á restitución da cultura e idioma de todos os que nos precederon. Porque se Galicia segue a ter aínda hoxe cultura e lingua de seu, débeselle aos millóns de galegos e galegas que viviron, cantaron, amaron e choraron na nosa lingua. Urxe, xa que logo, restituír a memoria colectiva, e a mellor maneira de facelo é substituindo as lápidas en castelán por outras en galego. O seu legado cultural é merecente de tal homenaxe. A Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística de Galicia está a promover diversos actos en colaboración con varios concellos galegos para levar adiante este proceso.
Nova Data: 19/10/2011
Vistas: 306
Avaliación: 4.75
Nova "Constitución da I.S.A.G.A."
O próximo día 29 de outubro constituirase a IRMANDADE DA SANIDADE GALEGA a ISAGA. O acto terá lugar no Teatro Principal da Estrada ás 12 da mañá, e nel serán investidos coa beca da Irmandade os primeiros 35 profesionais da medicina.
OS REITORES DAS UNIVERSIDADES GALEGAS CO FORO E. PEINADOR Data: 31/10/2011
Vistas: 667
Avaliación: 3.00
OS REITORES DAS UNIVERSIDADES GALEGAS CO FORO E. PEINADOR
Recuperar o diálogo entre a economía e a identidade galegas é un dos obxectivos fundacionais do Foro E. Peinador. Superar o dilema entre singularidade e globalización é hoxe a tarefa máis urxente que ten que resolver Galicia, as súas institucións e os xestores empresariais, para estar con personalidade propia nos mercados internacionais. Renunciar á singularidade é un acto de consecuencias irreversibles para a nosa identidade nacional. As estratexias empresariais débense asentar na forza que lles pode dar unha denominación de orixe vencellada a unha cultura e a unha lingua, como acontece coas marcas de prestixio internacional. Traballadores e consumidores teñen a obriga tamén de contribuír a acadar este fin. Os reitores das tres universidades galegas comparten esta preocupación. Velaí o por que da súa implicación e o seu compromiso co Foro E. Peinador.
IGREXA GALEGA Data: 08/11/2011
Vistas: 595
Avaliación: 5.00
IGREXA GALEGA
Na historia da Igrexa galega hai unha amplísima nómina de cregos comprometidos coa inculturización da fe. É de salientar, na galeguización da liturxia, o papel que tivo na década dos anos sesenta o xesuita Xaime Seixas Subirá. Mais non estivo só nesta tarefa. Non debemos esquecernos dos movementos de cristiáns de base, partidarios desa inculturización da igrexa. Tamén é de xustiza recoñecer o labor realizado por moitos cregos que realizan o seu exercicio pastoral na nosa lingua. Monseñor Luís Quinteiro Fiuza, Bispo da Diocese de Tui-Vigo, é o protagonista deste novo Parladoiro con Xosé González, secretario da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingúística.
EN GALEGO, AGORA E SEMPRE - Garantir o cumprimento das nosas vontades
                             Data: 14/11/2011
Vistas: 625
Avaliación: 4.00
EN GALEGO, AGORA E SEMPRE - Garantir o cumprimento das nosas vontades
Promovida pola Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística (AFNLG) e o Concello de Pontevedra, celebrouse o pasado día 28 de outubro no Pazo de Mugartegui, outro acto máis que co rubro "En galego,agora e sempre" se viñeron celebrando en Galicia últimamente. Máis de oitenta pontevedreses asinaron a acta notarial de derradeiras vontades para asegurárense de que os actos do seu sepelio se fagan en lingua galega. Don Miguel Anxo Fernández Lores, Alcalde de Pontevedra; don Demetrio Gómez Xunqueira, concelleiro; e don Benito Montero Prego, fiscal da Audiencia Provincial de Pontevedra, que actuou en nome da AFNLG, tiveron senllas intervencións apelando á responsabilidade individual dos galegos e galegas para garantirlle á nosa lingua máis espazos de uso social.
EN BERRES, TAMÉN EN GALEGO Data: 30/10/2011
Vistas: 792
Avaliación: 5.00
EN BERRES, TAMÉN EN GALEGO
Nos eidos nativos dos escritores do Rexurdimento galego, Marcial e Avelina Valladares, celebrouse outro acto máis da campaña "En galego, agora e sempre" programados pola Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística de Galicia. Nesta ocasión levouse a cabo da man do Concello da Estrada. No cemiterio parroquial de Berres descubríuse unha placa na memoria de todos os que ali están soterrados, e puxéronse outras dúas aos pés dos sartegos dos irmáns Valladares. A participación dos vecinos foi masiva. A música púxoa a Coral Polifónica da parroquia.