En galego, agora e sempre
|
|
Vistas: 395
|
Data: 27/11/2010
|
|
"EN GALEGO, AGORA E SEMPRE" é un libro que recolle perto de cen mandas testamentarias de variados autores que pretenden servir de exemplo para que se vaia estendendo, entre os sectores da sociedade máis preocupados pola sorte da nosa lingua, a idea de asegurarlle un futuro mellor.
A Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística de Galicia, promotora da idea, quere invitar aos cidadáns a incorporar a lingua galega nos testamentos incluíndo unha cláusula dirixida aos legatarios para que protexan e fomenten no futuro o noso idioma, deste xeito inténtase promover un cambio de actitudes lingüísticas na sociedade, utilizando a posibilidade que ten que as vontades individuais impliquen ao conxunto da poboación.
Se ben é certo que os poderes públicos teñen a obriga de protexeren e fomentaren o noso idioma, non é menos certo que no ámbito da actividade privada son os cidadáns os que teñen que asumir responsablemente a vontade de galeguizar as súas propias relacións.
Afnlg administración avogado cultura galego galeguista normalización normativa país pública sentenza xudicatura xuices xustiza dereito autonomía cultura funcionarios idioma dereitos lingua galega xurídico linguaxe galicia galeguismo identidade,